Monday 29 de April de 2024

Ábrese o prazo de inscrición dos Obradoiros Culturais para o curso 2022/2023


O Departamento de Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Oleiros organiza actividades culturais para todas as idades durante todo o curso escolar.

A oferta de obradoiros culturais inclúe artes plásticas, para nenos e nenas; e pintura, teatro e olería para todas as idades, de outubro a xuño. Ademais haberá un obradoiro trimestral de ilustración para nenos/as e mozos/as, de outubro a decembro.

Abriranse os distintos prazos de inscrición a partir do día 15 de setembro e a adxudicación de prazas será por rigorosa orde de inscrición, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello.

Máis información na web municipal e no departamento de Cultura do Concello de Oleiros.

FORMULARIOS DE INSCRICIÓN:

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/c-cultura-normalizacion/cultura/contidos?p_p_id=EXT_PUBLICADOR_INSTANCE_GI6e&p_p_lifecycle=0&p_p_state=normal&p_p_mode=view&p_p_col_id=columna-1&p_p_col_count=2&_EXT_PUBLICADOR_INSTANCE_GI6e_struts_action=%2Fext%2Fpublicador%2Fview_content&_EXT_PUBLICADOR_INSTANCE_GI6e_assetId=10882762&_EXT_PUBLICADOR_INSTANCE_GI6e_urlTitle=obradoiros-culturais&_EXT_PUBLICADOR_INSTANCE_GI6e_type=content&redirect=%2Fweb%2Fconcello-oleiros%2Fc-cultura-normalizacion%2Fcultura